jueves, 24 de noviembre de 2011

Actividade 6.1. Ximnasio.

Ximnasio.
Paréceme unha boa actividade e unha actividade atractiva.
Para poñer en marcha un ximnasio en primeiro lugar debería ter un local de aproximadamente 500 m2, porque se o facemos nun local de 250m2 os beneficios rondarían o 5% mentres que co de 500m2, aínda que a inversión inicial sexa elevada, os beneficios serían do 20%.
O lugar onde eu montaría o ximnasio estaría situado na zona afastada do centro de Carballo, cara a carreteira de Razo, antes do instituto do instituto Parga Pondal. Elixo este sitio, porque así os clientes , terían moita máis facilidade para aparcar.
O investimento inicial do negocio sería aproximadamente de 179.684 euros, pero teríamos unha facturación de 107.505 euros, o que sería o 11,37% de beneficios brutos.
No persoal e na estrutura organizada contaría comigo(o emprendedor), un recepcionista e tres monitores cualificados.
Os clientes que o negocio atraería sería xente que estivese moi interesada na práctica deportiva.
Para promocionar o ximnasio utilizaría os medios de descontos familiares, carteis e internet.
Os seus puntos fortes serían a multitud de actividades deportivas que lle ofreceríamos, o horario que se adaptaría ao que o cliente nos pida e sobre todo, o nivel dos monitores.
Os seus puntos débiles serían o risco de que o negocio non tivese éxito e fose a pique, e a elevada inversión inicial(no primeiro ano, sumando a inversión inicial máis o importe en gastos ,os cartos a gastar serían moitos)



No hay comentarios:

Publicar un comentario