miércoles, 11 de abril de 2012

Actividade 11.

1.      ¿Que é unha empresa de turismo rural? Pon un exemplo.
-          É unha oferta de actividades recreativas de aloxamento e de servicios afíns, realizados no espacio rural e dirixido fundamentalmente ós habitantes das cidades que buscan un contorno autóctono en relación coa poboación local.
Exemplo: Casa de Santa Uxía, Casa do Vento.

2.      ¿A quen vai dirixida esta actividade, quen son os clientes?
-          O perfil da persoa que visita os lugares de turismo rural en Galicia está formado principalmente por galegos e madrileños que valoran positivamente un emprazamento o máis natural posible, lonxe do barullo da cidade.

3.      Dos clientes anteriores, algúns asinarían contratos de un ano ou máis tempo ¿cales serían?
-          Os provedores serían os únicos con contratos de máis de un ano.

4.      ¿Que factores son claves para unha empresa dedicada ao turismo rural?
-          O contorno natural onde estea emprazado o establecemento influirá de maneira directa e notoria na oferta de actividades, sen embargo, podemos denominar estas actividades (arquitectura, paisaxe, caza, pesca, etc.) como pasivas pois realmente non son promovidas polo propio establecemento. Segundo se desprende das entrevistas realizadas a propietarios destas empresas, as actividades máis comúns son: sendeirismo, equitación, aluguer de bicicletas, actividades agrícolas, talleres de artesanía, etc. Todo eso aderezado cun adecuado trato familiar ó cliente e un menú con comidas típicas da zona.

5.      ¿Canto pode facturar (ingresar) unha empresa deste tipo? ¿A canto poden ascender os gastos?. Logo ¿Cal será o beneficio anual (lembra que o beneficio é a diferenza entre ingresos e gastos)?
-          Facturaría 61.373 euros. Poderían ascender a 47.973 euros.  O resultado bruto sería do 22,52%

6.      Características básicas da empresa (instalacións, persoal, investimento)

7.      É un negocio en expansión ¿Por qué razóns?
-Porque si o proxecto vai ben e o resultado é o esperado, podense facer mais hoteis.

8.      ¿Como se dan a coñecer este tipo de empresas?
-          Nas casas de turismo rural da Costa da Morte a carteira de productos está formada basicamente por aloxamento, a restauración e as actividades complementarias aínda se encontran en fase de desenvolvemento.
Elaboramos un cuadro estadístico dos tipos de servicios que ofrece cada unha das casas, que se pode incluir na guía e dese cuadro sacamos as seguintes conclusións:
• Case todas as casas posúen aparcadoiro, xardín horta e salon social.
• 75% das casa poseen comedor, e só o 6% teñen restaurante.
• Só o 19% teñen conexión a internet, para os seus clientes.
• As actividades que se ofertan case son todas externas.
A  promoción faise utilizando as guias-catálogo como a de turgalicia, tarxetas de visita e as páxinas webs. Tamén mediante folletos informativos que as distintos organismos promocinan nas feiras turísticas ás que acuden.

9.      ¿Quen leva normalmente as actividades de contabilidade, nóminas e impostos?
Un encargado especícifica da administración dos presupostos.

10.  Normalmente ¿Qué forma adoptan este tipo de empresas en Galiza: Sociedades Anónimas, Limitadas, Cooperativas, Autónomos,…?.
-          O modelo máis xeneralizado de establecemento de turismo rural é unha casa de aldea, con 5 habitacions e hospedería, situada en cualquera dasrutas do Camiño de Santiago. Mantén aberto o negocio todo o ano e aplica unha tarifa única, aínda que ofertadías verdes cun 20% de descontó aproximado.

11.  ¿Como podes estimar o tamaño do teu mercado nesta zona? (non o copies todo fai un breve resumo).
-          Os factores que realmente inciden no tamaño do mercado son o grao de ocupación e o número total de habitacións. O enfoque debe ir directamente relacionado co conxunto de factores que inciden no grao de ocupación (económicos, demográficos, culturais, medio ambientais, etc.) e factores que inciden no número total de habitacións (axudas públicas, rotación dos habitantes, elementos culturais, medio ambiente, etc.)

12.  Dentro do cadro de:
a.      Ameazas.
-          Industrialización do contorno.
-          Infraestructuras no contorno.
-          Despoboamento dos núcleos rurais.
-          Diminución do fluxo turístico.
-          Distancia longa ós centros urbáns.
-          Non hai ordenación do territorio.
-          Efecto Prestige
Para min as máis importantes son a da distancia longo ós centros urbáns o despoboamento dos núcleos rurais

b.      Oportunidades.
-          Fidelidade a través do servizo.
-          Aumento do ocio e renda por persoa.
-          Facilidade para o desprazamento do turismo externo.
-          Demanda crecente na sociedade urbana cara a este tipo de establecementos
-          Apoio institucional moi forte.
-          Creación de novos servizos asociados ó turismo rural.
-          Plan de dinamización do turismo da Costa da Morte.
Para min as máis importantes son a fidelidade a través do servizo e a facilidade para o desprazamento do turismo externo

c.       Puntos fortes.
-          Boa relación calidade/prezo.
-          Estructura flexible.
-          Escasa presión das axencias de viaxe ó non ser un negocio masificado.
-          A paisaxe e a gastronomía como forte atractivo.
Para min as máis importantes son as a boa relación calidade/prezo e a paisaxe e a gastronomía como atractivos.

d.      Puntos febles.
-          Forte estacionalidade.
-          Escaseza de profesionais preparados.
-          Dimensión reducida da oferta para facer viable o  negocio.
-          Ausencia xeneralizada de estructuras empresariais.
-          Financiamento dos investimentos.
Para min as máis importantes son a forte estacionalidade e o financiamento dos investimentos

13.  ¿De que forma pagan normalmente os clientes?
    -     Os clientes normalmente pagan con tarxeta de crédito ou en metálico.

14.  ¿Como  se lles paga normalmente aos provedores?
-          Normalmente págaselle aos provedores con transferencia

15.  ¿Cantas empresas de catering había na comarca no ano do estudio?
-          Hai 55 empresas de catering

16.  Normalmente as Sociedades (empresas con varios socios) son empresas de maior tamaño que as Persoas Físicas (montadas por unha soa persoa). ¿Cantas das empresas de catering da comarca son Sociedades?
-          Son 70 empresas de catering


17.  ¿Como é o local no que se desenvolve esta actividade? ¿Qué zonas tería?
-      O modelo máis xeneralizado de establecemento de turismo rural é unha casa de aldea, con 5 habitacions e hospedería, situada en cualquera das rutas do Camiño de Santiago. Mantén aberto o negocio todo o ano e aplica unha tarifa única, aínda que oferta días verdes cun 20% de desconto aproximado.

18.  Para adquirir a maquinaria do local o texto di que unha boa opción sería adquirilos mediante “leasing”. Busca en internet o significado de esta palabra (pon unicamente un significado que entendas e sexa entendible para todos os teus compañeiros).
-      É a obtención dun tipo de materiais ou maquiniaria por parte dunha empresa polo cal ten que pagar unha serie de cartos.

19.  ¿Que produtos podes ofrecer ao teu cliente?
-          Case todas as casas posúen aparcadoiro, xardín horta e salon social.
-     75% das casa poseen comedor, e só o 6% teñen restaurante
-      Só o 19% teñen conexión a internet, para os seus clientes.
-      As actividades que se ofertan case son todas externas.

20.  ¿Como das a coñecer o teu negocio?
-      A  promoción faise utilizando as guias-catálogo como a de turgalicia, tarxetas de visita e as páxinas webs. Tamén mediante folletos informativos que as distintos organismos promocinan nas feiras turísticas ás que acuden
21.  Fai un detalle do diñeiro necesario para o negocio, indicando canto vai para cada partida.
-          Necesitanse aproximadamente 27.000 euros

22.  ¿Cales son as dúas partidas máis importantes dentro dos gastos?
-          O inmobiliario e os solos

23.  Financiamento. ¿De onde poderías sacar o diñeiro para o negocio?
-          Pedindo axudas ao banco ou cos meus aforros

24.  Posibles axudas que poderías pedir.
-          Podería pedir axudas ao banco e tamén algunha subvención do Concello ou da Xunta.