jueves, 24 de noviembre de 2011

Actividade 6.1. Ximnasio.

Ximnasio.
Paréceme unha boa actividade e unha actividade atractiva.
Para poñer en marcha un ximnasio en primeiro lugar debería ter un local de aproximadamente 500 m2, porque se o facemos nun local de 250m2 os beneficios rondarían o 5% mentres que co de 500m2, aínda que a inversión inicial sexa elevada, os beneficios serían do 20%.
O lugar onde eu montaría o ximnasio estaría situado na zona afastada do centro de Carballo, cara a carreteira de Razo, antes do instituto do instituto Parga Pondal. Elixo este sitio, porque así os clientes , terían moita máis facilidade para aparcar.
O investimento inicial do negocio sería aproximadamente de 179.684 euros, pero teríamos unha facturación de 107.505 euros, o que sería o 11,37% de beneficios brutos.
No persoal e na estrutura organizada contaría comigo(o emprendedor), un recepcionista e tres monitores cualificados.
Os clientes que o negocio atraería sería xente que estivese moi interesada na práctica deportiva.
Para promocionar o ximnasio utilizaría os medios de descontos familiares, carteis e internet.
Os seus puntos fortes serían a multitud de actividades deportivas que lle ofreceríamos, o horario que se adaptaría ao que o cliente nos pida e sobre todo, o nivel dos monitores.
Os seus puntos débiles serían o risco de que o negocio non tivese éxito e fose a pique, e a elevada inversión inicial(no primeiro ano, sumando a inversión inicial máis o importe en gastos ,os cartos a gastar serían moitos)



martes, 22 de noviembre de 2011

Actividade 5.

Nesta actividade deixo aquí tres empresas que se dedican ao mesmo tipo de negocio co meu:

Buger King: Para este negocio necesitase unha inversión de 540.000€ e un local de 225 m2


Kentuky Fried Chicken:  Para este negocio é necesario unha inversión de 600.000€ e un local  de aproximandamente 400m2.




Döner Kebap Istanbul: Para poñer en marcha este negocio necesitaríase un local de 120 m2 e unha inversión de 150.000€




jueves, 10 de noviembre de 2011

Idea de Empresa.

McDonald´s Carballo é un lugar onde comida e diversión son as nosas características esencias. É un lugar que non entende de idades, podes  vir cos teus familiares, amigos,ou con quen ti decidas. Todos o pasaredes genial.
A nosa especialidade é un servizo moi rápido, e ninguén fai a comida rápida tan rica como a nosa.  Solo tes que acercarte asta o noso local e disfrutarás coma un neno.
A nosa actividade concentrase sobre todo nos fines de semana, nas comidas, e polas noites pero pola semana a actividade redúcese. Por suposto, McDonald´s Carballo está aberto durante todo o ano, agás un ou dous días festivos.